Vertido de escombros en Trabanca Badiña

    Outra denuncia, a dos veciños de Trabanca Badiña. Dende fai xa máis dun ano están a sufrir un grave problema. Camións de distintas empresas verten escombros nunha zona que está habitada e que os veciños queren recuperar para o seu uso e desfrute. Pinturas, restos de obras, váteres e plásticos están desperdigados entre os escombros que dende fai máis dun ano verten os camións na zona de Trabanca Badiña en Vilagarcía. A Comunidade de Montes leva interpostas xa seis denuncias pero o problema segue aí. Intensificado, por certo, nos últimos 15 días. E son os veciños precisamente quen máis sofren as consecuencias destes vertidos. Onde agora hai un recheo duns vinte metros de altura antes había unha pedra malladiza inmensa que como poden ver, ou non ver, quedou soterrada. A intención é a de recuperar este espazo e convertelo nunha zona de uso e disfrute, non nun vertedoiro. Un delicto medioambiental que padecen tódolos veciños. De momento, lograron que polo menos a Policía Local advirta ós camioneiros de que non poden verter na zona.