O CIM do Salnés adapta as súas instalacións ás necesidades reais do servizo que presta

CAMBADOS> O CIM Mancomunado do Salnés estrea instalacións renovadas. O espazo, que dá servizo aos concellos de Cambados, Meis, Ribadumia, Meaño e Vilanova, foi obxecto dunha fonda reforma para adapatalo ás necesidades das súas usuarias. As instalacións contan agora cunha sala de conciliación e espazos axeitados nos que se gaña privacidade e confidencialidade.

Esta é a nova imaxe que ofrece o CIM da Mancomunidade do Salnés. As instalacións foron obxecto dunha fonda reforma para adaptalas ás necesidades reais do servizo que aquí se presta, tendo en conta que en orixe non foron pensadas para acoller un centro de información á muller.

Factores que se tiveron en conta á hora da renovación deste espazo para que as mulleres se sintan seguras cando acoden a este CIM. Un centro que presta servizo a cinco municipios da Mancomunidade. 

O CIM do Salnés ten a súa sede en Cambados, nun edificio de titularidade municipal que o concello cede de balde ao organismo comarcal.

Na reforma a Xunta, a través do fondo das políticas do pacto de estado contra a violencia de xénero, achegou case a totalidade do investimento, uns 103.000 euros.

No acto desta mañá, gardouse tamén un minuto de silencio como mostra de rexeitamento aos últimos casos de violencia machista rexistrados en España.