O PP esixe á Deputación a ampliación do polígono de Barro-Meis

    BARRO> O Partido Popular pide á Deputación de Pontevedra que poña en marcha a segunda fase do polígono de Barro-Meis. Esta mañá, os deputados populares recordaron que a ocupación deste solo industrial é xa do 50%, e puxérono como exemplo da xestión de Rafael Louzán á fronte do goberno provincial. Os deputados do Partido Popular están máis que satisfeitos co éxito do Polígono de Barro-Meis. A formación recordou esta mañá que este fora un dos proxectos estrela do goberno de Rafael Louzán, e puxérono de exemplo da súa xestión. Arévalo recordou que o polígono xa está ocupado nun 50%; dato que no caso do viveiro de empresas ascende ata o 70. Por iso o PP pide á Deputación que poña en marcha a segunda fase. O exalcalde de Barro recordou que esta ampliación xa estivera sobre a mesa, e asegurou que hai terreos suficientes na contorna para acometela. Os deputados criticaron ademais ao goberno de Carmela Silva por, aseguraron, vivir das rendas que deixou en marcha o executivo de Rafael Louzán. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/09/pp_poligono_barro_meis_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/09/pp_poligono_barro_meis.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí