![]()
VILAGARCIA> O BNG vai a presentar unha moción en varios concellos en relación ó recurte de 61 millóns de euros…
{flowplayer}images/salnes/mocion_bng_por_recortes.flv{/flowplayer}
… en axudas ós Concellos para políticas de emprego e contratación de persoal desempregado; a última a publicada no DOG do pasado 15 de xuño no que se poñía negro sobre branco unha drástica reducción de axudas e subvencións ós concellos para o fomento do emprego a través de programas de cooperación que permitirían a contratación de persoal para reforzar os servicios municipais.
Un dos grupos municipais que vai a levar á vindeira sesión plenaria este asunto é o BNG de Vilagarcía, onde a súa voceira, María Villaronga segura que esta drástica reducción dos fondos públicos ós Concellos para combater o paro é especialmente antisocial nestes intres nos que a política de recurtes do Goberno Central está a facer estragos entre a poboación, especialmente a galega. Villaronga sinala que o executivo autonómico segue un roteiro errado posto que Galicia pasou dunha cota de paro do 12 % ó 20 % actual, moi por riba doutras comunidades autónomas.
Por todo isto, pide ó executivo vilagarcián que rexeite a antedita reducción das axudas ás políticas activas de emprego que permiten ós Concellos a contratación de persoas desempregadas; e que insten á Xunta a que manteña as partidas iniciais dedicadas á formación e ó emprego; amais de pedirlle ó Goberno do Estado que manteña os recursos económicos para garantir o nivel de prestacións das políticas activas de emprego que se viñan desenvolvendo en Galicia.
Redacción Salnés









