O Centro Coreográfico Galego promociona Vacuo na rúa

vacuo_100_060207.jpgVILAGARCIA > O Centro Coreográfico Galego promociona na rúa a función que este venres acollerá o Auditorio Municipal…

… que este venres acollerá o Auditorio Municipal a partir das 9 da noite. A obra, Vacuo, é a primeira producción deste centro, dependente do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais, e que leva desde setembro percorrendo as vilas de Galicia para achegar a danza ó público.

A choiva non foi impedimento para que os quince bailaríns, que forman o corpo de baile do Centro Coreográfico Galego, realizasen unha mostra do que este venres se poderá ver e disfrutar no Auditorio Municipal de Vilagarcía dende as 9 da noite. Durante o percorrido polas rúas do mercado estiveron acompañados pola música orixinal, composta expresamente para esta montaxe por Berrogüeto.

Xira por Galicia

O Centro Coreográfico Galego ten previsto presentar unha producción por tempada, para o que contará cun corpo de baile seleccionado cada ano e un coreógrafo convidado. A finalidade última deste centro é, ademáis de servir de plataforma ós novos talentos artísticos galegos, dar a coñecer e achegar a danza á cidadanía. Vacuo chega a Vilagarcía precedido do enorme éxito colleitado xa en cidades coma Coruña, Santiago, Vigo ou Narón. Logo desta única cita na comarca, proseguriá o seu tour ata o peche da tempada, a principios de abril.

Redacción Salnés