VILAGARCIA > O Clube Baloncesto Vilagarcía, Caixanova e Fexdega asinaron un convenio para celebrar en conxunto…
…en conxunto as vindeiras tres edicións da Vilagarcía Basket Cup. Caixanova costeará a metade do gasto en infraestructuras previsto para esta edición, que por primeira vez se celebrará no recinto feiral de Fexdega. O traslado do torneo ás instalacións de Fexdega logo de once edicións no pavillón de Fontercarmoa supón un reto para a organización, que espera aumentar significativamente a afluencia de espectadores durante os días que dura o campionato.
A utilización do espazo total do recinto permitirá dotar de servicios complementarios ó torneo. Novidades Nesta décimo segunda edición está prevista a creación dunha zona comercial de mil metros cadrados con stands das grandes marcas deportivas, e tendas de deporte da zona. Ademáis haberá unha parte lúdica para os máis pequenos que contará con ludoteca e hincables.
Por outra banda, o torneo de base que se celebrará de forma paralela ten cuberta, xa a estas alturas, o sesenta por cento das prazas totais. O clube Baloncesto Vilagarcía, promotor da cita está xa a levar a cabo a través da súa web unha campaña de captación de voluntarios coa que prevé duplicar o número de colaboradores respecto a anos pasados, chegando ás 60 persoas.
Redacción Salnés