Cambados Zona Centro presenta o seu novo spot publicitario

    marcosgonzalezprado_100_090207.jpgCAMBADOS > A asociación de comerciantes presentou esta fin de semana o seu novo spot promocional. O presidente de…

    … Cambados Zona Centro, Marcos César González agradeceu durante o acto a apoio incondicional tanto da dirección provincial de comecio, coma do concello. A gravación e difusión deste spot supón a aposta publicitaria máis importante deste colectivo ata o momento.

    O presidente de Cambados Zona Centro, Marcos César González presentou esta fin de semana o novo spot televisivo co que pretenden dar pulo á actividade económica do sector. No acto estiveron presentes tamén a directora provincial de comercio da Xunta, Montserrat Prado, e Bruno Somoza, en representación do Concello cambadés. Bruno Somoza, representante do concello neste acto, reiterou o apoio incondicional da xunta de goberno ás iniciativas dos empresarios que supoñan unha promoción da actividade económica do municipio.

    Comercio de calidade

    Pola súa banda, a delegada provincial de comercio, Montserrat Prado recordou as medidas que dende a Xunta están a desenvolver para regular a actividade dos pequenos comerciantes. Tamén destacou a capacidade que ten o pequeno comercio para crear pobo, humanizando as rúas, creando postos de traballo, e facilitando as compras de calidade na propia vila.

    Este spot supón a maior inversión económica do colectivo cambadés ata ao momento. O anuncio ten unha duración de 20 segundos e nel traballou un equipo de 15 persoas nunha xornada de case 16 horas polas rúas de Cambados .TeleSalnésBarbanza emite este anuncio dende esta mesma fin de semana e a partires de abril poderá verse tamén nas cadeas nacionais.

    Redacción Salnés