O Grove critica as restricións á hostalería e pon en dúbida a súa eficacia

SALNES> Cambados descende do nivel máximo de restricións sanitarias. A vila do albariño abandona un nivel máximo onde permanecerán Sanxenxo, O Grove e Meaño. O alcalde do Grove mostrouse moi crítico coas restricións sanitarias.

Trala última reunión, o comité clínico aconsellou á Xunta de Galicia descender de nivel sanitario a dous concellos do Salnés. Un deles é Ribadumia, que con 24 casos activos pasa do nivel alto a o medio, e o outro é Cambados, que con 144 deixará atrás o nivel máximo para situarse no alto. Dende a vila, non agardaban tan cedo este descenso.

Si se manteñen nese nivel Sanxenxo, O Grove e Meaño. Nestas dúas vilas a sensación é totalmente oposta. Dende Meaño, que hoxe baixa 9 casos ata os 62, aceptan as medidas e agardan que a evolución siga sendo favorable para saír do nivel canto antes.

Mentres que no Grove, que hoxe baixa 22 casos ata os 205, a valoración é moi negativa.

O alcalde considera que esta baixada é debido a evolución da enfermidade, xa que hai máis de 10 días que comezaron a dispararse o caso, e non polas medidas impostas pola Xunta. José Cacabelos critica que as medidas adoptadas son contrarias ás que propuxeron os alcaldes e que o golpe á hostalería está sendo moi grande.

Tanto Cambados, como as tres vilas do nivel máximo atópanse nestes momentos cunhas altas cifras de visitantes. Algúns alcaldes piden que se tome en conta a presión hospitalaria e non os datos por concellos. De feito, a alcaldesa de Cambados, sinalaban que todos os seus positivos atópanse recuperándose nos seus domicilios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí