Falece unha anciá no incendio da súa vivenda

    incendio_castelao100.jpgVILAGARCÍA> Unha anciá faleceu esta mañá no incendio da súa vivenda. Foi na rúa Castelao en torno ás sete da mañá.

    {flowplayer}images/salnes/incendio_vilagarcia_100112.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Unha anciá faleceu esta mañá no incendio da súa vivenda. Foi na rúa Castelao en torno ás sete da mañá. Ó parecer o lume orixinouse nun colchón por causas que inda se descoñecen. A víctima, Adelaida, máis coñecida como Marita Pomares, vivía soa e tiña 67 anos.

    Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local, do Servizo Municipal de Emerxencias, Bombeiros do Salnés, Policía Nacional, 061 e Protección Civil. Os efectivos atoparon á víctima bastante queimada preto da porta principal da vivenda, polo que se estima que intentou saír pero non lle deu tempo.

    Adelaida vivía soa e camiñaba ademais con dificultade, segundo lembra Antonio Táboas, veciño do mesmo andar. O porteiro do edificio foi quen chamou ós bombeiros e quen alertou ó resto de residentes. Chegou ás sete da mañá e ó cheirar a queimado comprobou que saía fume do segundo piso.

    O incendio só causou danos na vivenda da falecida, onde arderon dúas habitacións e un corredor. Sen embargo desaloxouse ó resto de veciños por mor do fume.

    Redacción Salnés

    Comments are closed.