O Museo de Artes completa os seus fondos cos gravados de Manuel Dimas

    padroadomuseogravado_100_130207.jpgRIBEIRA > A Fundación do Museo do Gravado de Artes en Ribeira celebrou a reunión anual do seu Padroado.

    Á xuntanza anual da Fundación do Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes estaba previsto que asistira a Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, mais unha gripe de última hora provocou a súa ausencia no acto. Sí asistiron os novos compoñentes do Padroado, os alcaldes de Boiro, Pobra do Caramiñal e Porto do Son, que tomaron posesión como novos membros da Fundación, así como tamén o propio alcalde de Ribeira que xa ocupaba este cargo dende a creación do Padroado ou o Director Xeral de Patrimonio, Felipe José Arias Vilas.

    O motivo da reunión non era outro que planifica-las próximas exposicións que albergará o centro museístico nos vindeiros meses así como dar a coñecer ós medios de comunicación a nova mostra que abrirá o novo ciclo de gravados e que foi un encargo do propio presidente da Fundación Museo do Gravado de Artes, Javier Expósito, ó artista.

    Trátase dunha colección composta por uns 20 traballos realizados polo creador galego Manuel Dimas, profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A exposición, baixo o título Odisea desde el Atlántico, está baseada na obra literaria La Odisea de Homero, onde se narran as vivenzas de Ulises.

    A mostra srá inaugurada oficialmente o vindeiro 17 de marzo e permanecerá aberta ó público ata finais de maio. Durante a presentación Javier Expósito sinalou tamén que a colección formará parte dos fondos do centro museístico, ó tratarse dunha encarga exclusiva.

    A experiencia segundo el será repetida tamén con outros artistas galegos coa finalidade de que cada ano ou cada dous as instalacións de Ribeira dean cabida a unha colección de gravados realizada específicamente para ser exhibidas neste museo.

    Redacción Barbanza