A Pobra completa con 69 mil euros as axudas da Xunta á hostalería local

POBRA> Precisamente no último pleno a corporación municipal da Pobra aprobaba tamén unha modificación de creto por un importe de 69 mil euros que permitirá destinar novas axudas ó sector da hostalería. Farao a través da súa adhesión ó convenio de colaboración da Xunta.

O concello da Pobra aprobaba no último pleno unha modificación de creto que permitirá destinar unha partida de 69 mil euros de fondos propios á hostalería local, en virtude do convenio de colaboración asinado coa Xunta. En total beneficiarase a uns 69 negocios que recibirán unha axuda inmediata de mil euros.

Dende o Concello afirmaron que a modificación de creto non significará que esas partidas destinadas á mellora do alumeado e a custear as festas do Carme dos Pincheiros e do Nazareno non se poidan restituír nun futuro.

No pleno tamén se acordou a suspensión temporal do cobro de terrazas e mesas exteriores, igual que acontecera o pasado ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí