Un xardín efímero e unha gran estrela fugaz enchen de luz o Nadal de Outes

OUTES> O concello de Outes acenderá o seu alumeado o próximo xoves día 7. O acto de inauguración do Nadal dará comezo ás sete da tarde na praza de Galicia e contará coa animación musical de Jaitas Blues.

Outes dará a benvida ó Nadal este ano cunha gran festa que terá lugar este xoves. Ás sete da tarde procederase ó acendido do alumeado e a apertura do poboado navideño e xardín efímero na praza de Galocia.

Ademais desta gran estrela fugaz reforzarase o alumeado no resto do casco e en tódalas parroquias con fotocalls no Freixo e Pontenafonso e unha gran árbore de Nadal na praza do Bosque.

O engalanamento de rúas, no que colaboraron activamente asociacións e voluntarios, como ADISBISMUR ou as alumnas dos obradoiros municipais, o Nadal contará cunha ampla oferta cultural con cine, música e teatro.

O concello convocará tamén este ano o concurso de decoración con dúas categorías: unha para establecementos comerciais e outro para particulares. O prazo de inscrición estará aberto ata o 22 de decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí