A autopsia do feto atopado en Lousame podería coñecerse mañá

    LOUSAME> A finais desta semana a Policía Xudicial de Noia coñecerá o resultado da autopsia do feto de sete meses de xestación atopado o martes na planta de xestión de residuos de Lousame. A investigación para coñecer a procedencia do corpo é complexa, e céntrase agora nos Centros de Saúde dos concellos implicados.  

     

     

    A investigación que busca aclara o caso do feto atopado morto na planta de Compostaxe de Servia, en Lousame, está centrada agora nos centros hospitalarios e de saúde que houbesen atendido nos últimos días a mulleres embarazadas con sete meses de xestación. Mentres continúan examinando os itinerarios de recollida do lixo dos camións da instalación. Segundo publican hoxe algúns medios hai traballadores que ubican no concello de Ames a súa procedencia. Aínda que segundo nos contaron desde a directiva da planta, é moi complicado coñecer a orixe dos residuos entre os que se atopaba o feto, posto que os restos procedentes dos nove concellos que envían aquí o lixo son apiñados e trasladados á cinta de clasificación coa pala dunha excavadora. A Garda Civil de Noia cre que o feto puido estar depositado varios días nun colector, e o director calcula que podería ter chegar á planta de Servia entre o xoves ou o venres. A outra incógnita esencial para a investigación, é a que determinará a autopsia que se agarda que coñeza a Policía Xudicial de Noia a finais desta semana, e que se está a realizar no Hospital de Conxo. Así poderáse saber se o caso responde a un aborto ou a un infanticidio. A investigación está sendo levada polo Xulgado de instrucción de Noia.