O deteriodo da estrada de Pontenaveira dificulta o acceso a varias vivendas

    estradapontenaveira_100_140207.jpgPOBRA > Veciños da zona de Pontenaveira veñen de denuncia-lo mal estado no que se atopa na actualidade a estrada que discorre paralela ó río Xunderama.

    A estrada presenta na actualidade un pésimo estado, polo que os veciños vense na obriga de ter que superar numerosos atrancos para poder chegar cada día ata as súas vivendas.

    Ós numerosos baches e socavóns existentes e ós charcos provocados pola chuvia, houbolle que sumar nas últimas semanas os vertidos de entullo procedente de varias obras e que foi realizado por algún desaprensivo.

    Esta situación de total abondono que presenta o vial foi a gota que colmou o vaso na paciencia dos veciños, que xa lle demandaron en máis dunha ocasión ó concello o arranxo da estrada.

    Futura actuación

    Precisamente dende o executivo local pídese tranquilidade ós veciños e afírmase que a mellora deste camiño está contemplada nos seus plans de actuación polo que en breve vai a procederse ó seu acondicionamento.

    En canto ós vertidos que se deron no lugar o goberno pobrés sinalou estar ó tanto dos mesmos e que a Policía Local xa abriu unha investigación para dar co paradoiro dos responsables desta situación.

    Redacción Barbanza