O reto AGAELA Galicia recada en Muros máis de cinco mil euros para a investigación contra a ELA

MUROS> Culminado con éxito o reto AGAELA Galicia, un desafío deportivo desenvolvido esta fin de semana en Muros. A iniciativa solidaria tiña por obxecto recadar fondos para a investigación da ELA. O grupo ciclista de Bermeo e numerosos afeccionados da comarca percorreron máis de 600 quilómetros en bicicleta.

24 horas sobre rodas percorrendo sen descanso a ruta costeira entre Noia, Muros, Carnota e O Ézaro cun fin solidario. Nisto consistiu o reto AGAELA Galicia completado con éxito esta fin de semana polo grupo ciclista Bermeo e outros participantes locais como Roberto, en gran medida impulsor deste reto.

A iniciativa, promovida pola asociación vasca DalecandELA tiña por obxectivo visibilizar esta enfermidade e recadar fondos para a investigación que foron destinados integramente para a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amitrófica.

En total foron 5000 os euros recadados a través da iniciativa que xa se desenvolveu en anteriores edicións entre as distintas capitais de provincia do País Vasco dando agora o salto a Galicia onde de seguro repetirán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí