AETAN desmárcase do convenio entre Arousa Norte e Deloa

    romancastao_100_050907.jpgBARBANZA > Malestar entre o colectivo de empresarios turísticos de Arousa Norte (AETAN) ante o convenio asinado entre a mancomunidade e a fundación Deloa.

    Os empresarios foron excluídos do acordo por negarse a firmar unha cláusula de exclusividade que suporía unha importante traba para a constitución do futuro consorcio de Turismo. 

    O presidente de AETAN, Román Castaño, mantivo unha xuntanza cos catro alcaldes e a xerencia da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte para trasladarlle o malestar existente entre o colectivo.

    Os empresarios consideran que a entidade non está a ter en conta o seu criterio no deseño das accións turísticas que se están a levar a cabo, cando precisamente eles son os principais implicados.

    A orixe do conflito sitúase na firma do convenio entre a mancomunidade e Deloa para a oferta de paquetes turísticos na comarca no que se establecía a exclusividade dos empresarios coa agrupación. O quedarse ó marxe supuxo supuxo prexuízos para moitas das empresas, que mesmo chegaron a perder diversas subvencións.

    Colaboración directa

    Para os empresarios, é fundamental que a mancomunidade mateñan unha colaboración directa con eles posto que, ademais da súa aportación económica, son os axentes directamente implicados na promoción turística da zona.

    Tras este primeiro desencontro, tanto a Mancomunidade como AETAN, seguen abertos ó diálogo para a conformación do consorcio turístico. Por iso, a aprtir de agora se habilitarán novos órganos de traballo que permitan unha comunicación directa de tódolos axentes turísticos e nos que os empresarios deberán ter un papel destacado.

    Redacción Barbanza