Esperanza López: ‘Pensan que somos un bicho raro’

    esperanzalopez_sindromepernasinquietas_100_140207.jpgMEIS > Un 10% da poboación mundial padece Síndrome de Pernas Inquietas. Un trastorno neurolóxico do movemento …

    … para o que non existe cura pero si comeza a ter tratamentos específicos que axudan a mellorar a calidade de vida destes doentes.

    ‘Agora xa se sabe o que é’, indica Esperanza López. Esta veciña de Meis leva desde os 22 anos padecendo o Síndrome de Pernas Inquietas (SPI) e desde 2005 está vinculada a AESPI, a Asociación Española dedicada a esta enfermidade, da que é secretaria. Afirma que desde a súa creación, o colectivo conseguiu dar a coñecer este trastorno neurolóxico do movemento, caracterizado pola necesidade irresistible de mover as pernas e por sensacións desagradables e molestas.

    esperanzalopez_sindromepernasinquietas_200_140207.jpgA través da súa páxina web www.aespi.net dan información acerca do SPI e teñen números de teléfono e direccións de correo electrónico a disposición dos doentes, sexan ou non asociados. Ofrécenlles sobre todo, axuda para saber o que teñen, se lles remite a un neurólogo e tratan de tranquilizalos, porque segundo indica Esperanza López ‘pensan que son un bicho raro, e non é así, son enfermos e grazas a Dios ten un tratamento’.

    A asociación informa dos novos medicamentos que están a saír ó mercado. ‘Non curan, pero axudan moito a mellorar a nosa calidade de vida’, asegura Esperanza. Neste momento dispoñen do Mirapexin, admitido en España coa indicación do SPI no seu prospecto, ós que se lle engadirán dentro dun ano uns parches como os que se lles prescriben ós doentes de párkinson. Ademais para Semana Santa haberá dous novos medicamentos en estudio.

    O vindeiro 27 de marzo celebrarán unha reunión aberta a tódolos interesados nesta patoloxía. Será no Colexio Rexional de Sordos, en Monte Pedroso, Santiago, ás cinco da tarde. Na charla estará o doutor Diego García Borreguero, director do Instituto de Investigacións do Sono de Madrid. Precisamente con este doutor, a asociación conseguiu un convenio para pasar consultas gratuítas ós asociados de AESPI.

    Redacción Salnés