BOIRO> Unha das últimas actuacións que vén de ser executada consistiu na pavimentación do acceso sur ó cemiterio de Vista Alegre.
O alcalde, José Ramón Romero, e o edil de Obras, José Luís Ruíz, comprobaron hoxe o resultado de varias obras de pavimentado levadas a cabo nas últimas semanas en diferentes zonas rurais do municipio. Entre as actuación realizadas destacan o acondicionamento dos camiños nos núcleos da Coviña e Souto Novo, Aruxo e Cotarón.
Ademais tamén se procedeu ó asfaltado do acceso sur ó cemiterio municipal de Vista Alegre, arranxando tamén unha pequena zona de estacionamento que dará servizo ós usuarios do camposanto.
Todas estas obras están financiadas con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña cun orzamento total de preto dos cen mil euros.