250 escolares participarán no torneo Panos Brancos que se celebra este venres en Ribeira

RIBEIRA> Tras tres anos sen celebrarse, a Fundación Galega contra o Narcotráfico retoma o torneo deportivo Panos Brancos. Será este venres en Ribeira e participarán 250 escolares de entre 12 e 16 anos.

O complexo deportivo da Fieteira acollerá este venres, a partir das dez da mañá, o decimo terceiro torneo deportivo Panos Brancos organizado pola Fundación Galega contra o Narcotráfico. Participará ó redor de 250 mozos non só de Ribeira senón tamén de centros educativos de Rianxo, Cambados, Vilagarcía e Vilanova de Arousa nas modalidades de fútbol, baloncesto, atletismo e voleibol.

Este torneo é a cara visible do programa EU Saúde que imparte a Fundación nos centros educativos destes municipios co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudables tomando como exemplo a destacados deportistas galegos.

Ademais dos concellos participantes e a Consellería de Sanidade, a empresa Congalsa vense incorporar este ano como patrocinadora destas actividades que transmiten os mesmos valores que comparte a firma pobrense.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí