Fernández Lores firmou esta mañá un convenio con Zona Monumental

    firmaconvenio_100_240707__still_001.jpgPONTEVEDRA > O alcalde, Fernández Lores, firmou esta mañá o convenio de colaboración entre o concello e a Asociación

    … Centro Comercial Urbano Zona Monumental para que se leven a cabo actividades culturais, artísticas e formativas durante este ano 2007. Fernández Lores destacou nesta reunión que este acordo servirá para promocionar a zona monumental pontevedresa para que siga sendo un casco histórico vivo.

    Fernández Lores reuniuse no concello de Pontevedra co presidente da Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Ernesto Filgueira, para firmar o convenio mediante o que se destinará a esta asociación un presuposto de algo máis de 50.500 euros para a realización de diversas actividades culturais, artísticas e formativas.

    O alcalde tamén recalcou que este acordo servirá para poñer en valor a zona histórica de Pontevedra e que se manterá un casco histórico vivo no que non só conviven os museos e as obras arquitectónicas senón tamén unha actividade comercial importante.

    Redacción Salnés