Noia avanza avanza na tramitación do novo centro de saúde

NOIA> Un dos últimos pasos dados polo executivo foi a incorporación ó inventariado de bens municipais, no último pleno, de varias parcelas nas que se emprazará o futuro dispensario, na Unidade Número 3 de San Lázaro.

O concello veu realizando nos últimos meses a compra de varias parcelas na Unidade Número 3 de San Lázaro que xa pasaron ó inventario de bens municipal e que supuxeron un investimento total duns 700 mil euros. Este é o paso previo para a súa posta a disposición da consellería de Sanidade e poder construír alí o futuro centro de saúde.

Segundo explicou o rexedor trátase dun paso imprescindible para poder avanzar na tramitación desta nova infraestrutura coa que a Xunta dotará á localidade, prevéndose un investimento total duns cinco millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí