Man dura para calquera tipo de verquido incontrolado

    RIBEIRA > O executivo local está a tramitar varias denuncias ante Medio Ambiente para sancionar a aquelas empresas que non eliminen axeitadamente os seus residuos.

    Na actualidade, o concello xa iniciou a tramitación dun expediente sancionador e trasladoulle á Xunta outros casos de infraccións graves que poden levar aparellada unha multa de entre 30.000 ata 1.200.000 euros. Constitúen infraccións graves o abandono, eliminación ou vertido incontrolado de calquera tipo de residuos sexan ou non perigosos. O voceiro do concello indicou que o principal problema reside en que algunhas empresas entregan os seus residuos a xestores non autorizados cando o depósito debería realizarse na antiga canteira de Runs en Boiro. Aínda así, suliña que se trata de feitos ocasionais e que a meirande parte da empresas xestionan axeitadamente os seus residuos.

    Punto limpo

    No seu obxectivo de conseguir unha eliminación de residuos máis respectuosa co Medio Ambiente, o concello habilitou xa hai tempo un punto limpo no polígono industrial de Xarás, onde os particulares poden depositar o lixo que serán tratado e reciclado segundo a súa categoría. Este punto limpo permanece operativo de luns a venres en horario de nove e media a unha e de catro a oito e os sábados pola mañá de nove a dúas.

    Redacción Barbanza