A Pobra volverá afondar na súa historia e patrimonio a través dunha viaxe no tempo

A POBRA> A Pobra despedirá o mes de novembro cunhas xornadas divulgativas sobre a historia e o patrimonio da vila. Trátase de terceira edición de ‘A Pobra do Caramiñal no tempo’ que se celebrarán o 28 e o 29 deste mes.

Dende a súa primeira celebración as xornadas ‘A Pobra do Caramiñal no tempo’ espertaron un gran interese por parte do público. De aí que os seus organizadores decidiran darlle continuidade acadando xa este ano a terceira edición na que pretenden seguir afondandona identidade do pobo a través das súa historia, cultura e patrimonio.

As xornadas arrancarán o sábado 28 ás catro e media da tarde coas conferencias que se celebrarán no Cine Elma. O encargado de inauguralas será o xornalista, Manuel Gago cunha charla sobre Mitos e lendas da Pobra do Caramiñal .

A continuación intervirá o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González Millán, quen debullará os quince séculos de hisotia da igrexa de Santa Cruz de Lesón. O historiador Anselmo López e o profesor Rafael García completan o cartel. Concluídas as conferencias, o domingo terá lugar unha visita guada á igrexa de Santa Cruz, o cruceiro de San Amaro, a Aldea Vella, o mosteiro de San Xoán da Miserale e a barca de San Amaro.

Os interesados en asistir deberán reservar praza no enderezo bibliotecadapobradocaraminal@gmail.com ou a través do teléfono 981831633. Os que non poidan facelo presencialmente poderán seguir as charlas do sábado 28 pola canle do Youtube do Concello da Pobra.