POBRA> O Concello informaba esta mañá de que a contraanálise realizada pola consellaría da Sanidade daba xa resultados positivos.
Os niveis volven ser os habituais, sen supoñer ningún perigo para a saúde dos bañistas.
O Concello, como medida de precaución, optou onte por desaconsellar o baño neste areal, tras detectarse ese episodio puntual de contaminación microbiolóxica.
Tras recibir a contraanálise procedeu xa a retirada dos carteis informativos que advertían de absterse do baño, temporalmente, na dita praia.