‘Carlos será o alcalde de todos’, asegura Anxo Quintana no Grove

    besadaquin_100_160207.jpgO GROVE > A autovía do Salnés chegará ata O Grove. Alomenos esa é a proposta do candidato nacionalista de consegui-la alcaldía.

    Carlos Álvarez Besada presentou publicamente o seu proxecto para o Grove e fíxoo en compaña do vicepresidente da Xunta e de numerosos compañeiros do BNG da comarca. Dende os candidatos de Cambados e Sanxenxo, Víctor Caamaño e Roberto Fernández Lores, ata os actuais voceiros municipais de Ribadumia e Vilagarcía, pasando polos delegados provinciais do Medio Rural e Innovación, o responsable comarcal ou o deputado Bieito Lobeira.

    quintananogrove_200_160207.jpgNingún quixo perderse a presentación do candidato do BNG á alcaldía do Grove, na que se avogou por ‘rematar cos gobernos que trazan unha liña divisoria entre os veciños’. ‘Carlos’, asegurou o portavoz nacional do BNG, ‘será o alcalde de todos porque chega a esta cita cos deberes feitos, tras catro anos de traballo intenso na oposición’. O vicepresidente do goberno galego enfatizou que ‘cando o BNG goberna nun concello, o concello é de todos, e non propiedade particular do alcalde de turno’. Así mesmo, resaltou que os nacionalistas son os únicos que chegan ás eleccións ‘cun proxecto para o concello’ e non só con ‘eslógans electoralistas’.

    Investimentos no Grove

    O candidato nacionalista destacou as medidas tomadas polo goberno galego no Grove, en concreto os investimentos feitos no medio rural ou a nova Lei do Comercio. Afirmou que ‘por primeira vez na historia, un director xeral de Turismo viu aquí a traballar e a falar co sector’.

    constenlabieito_200_160207.jpgBesada recordou que o BNG local se reuniu con todos os sectores sociais da vila para elaborar un programa electoral que sirva de ‘proxecto de futuro’ e prometeu unha pactos sociais para potenciar o turismo, a cultura, o deporte e especialmente para ordenar o urbanismo. Ademais Carlos Álvarez Besada comprometeuse a cumprir unha vella reivindicación: levar os catro carrís ata O Grove de chegar á alcaldía.

    Redacción Salnés