VILAGARCÍA > Unha delegación de parlamentarios europeos socialistas visitaron esta mañá a sede do Consello Regulador do Mexillón de Galicia…
… e varias bateas. O obxectivos desta visita son coñecer de preto o sector miticultor sobre o que eles traballan a miúdo desde a comisión europea da Dirección Xeral de Acuicultura.
O Presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Ramón Dios, aproveitou a ocasión para darlle as grazas persoalmente á equipa socialista polo traballo feito en Bruxelas a prol da Denominación de Orixe Protexida.
Segundo os parlamentarios este regulamento da DOP vai a supoñer un gran avance para este sector que agora coñecen máis de preto.
A comitiva europea asegurou estar ó corrente dos últimos problemas do sector miticultor;para os que agardaron unha pronta solución. A parlamentaria Rosa Miguelez mesmo chegou a posicionarse en contra do 8 % de desconto en grella esixido pola industria conserveira ós productores; ó tempo que avogou por un perfecto entendemento entre tódalas partes implicadas para rematar ca actual crise, da que asegurou estar moi ó corrente.
Redacción Salnés