A Xunta de Galicia ratifica a súa aposta polo voluntariado xuvenil

    LOUSAME> A Directora Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta participou esta mañá na clausura dos campamentos de verán de Lousame. Preto dun cento de nenso participaron nestas actividades, posibles grazas ó voluntariado. Así, por todo o alto, despedían os participantes dos campamentos de verán de Lousame esta experiencia, na que ademáis de xogos e diversión, realizan a súa primeira aproximación ó voluntariado. Cecilia Vázquez destacou o papel de Galicia no voluntariado, sendo unha das comunidades máis activas neste eido, grazas ós concellos e á implicación dos mozos neste tipo de actividades que redundan nun beneficio á sociedade.