Os vendedores ambulantes dividen opinións sobre o traslado do mercadiño

    postomercadocambados_200_210207.jpgCAMBADOS > A proposta da asociación de comerciantes de reubica-lo mercadiño ambulante produce opinións encontradas…

    …entre os propios interesados. Dende os vendedores que se mostran encantados de poder instalar os seus postos sobre unha rúa asfaltada, ata os que pensan que alexalo da praza de abastos é un erro por moi preto que os reubiquen.postomercadocambados3_200_210207.jpg

    A iniciativa da asociación de comerciantes de Cambados de trasladar a celebración do mercadiño ambulante á rúa nova e as súas inmediacións plantéxase polémica polas diferentes opinións entre os propios vendedores. Algúns, quéixanse de que a actual ubicación non é a axeitada, ó ter que instalar os seus postos sobre un campo de terra con abundantes pozas na época de choivas.

    Entre os que non ven con bos ollos o traslado, hai os que plantexan alternativas, mantendo o lugar de celebración do mercadiño, pero reordenando os postos. Nembargantes, outros pensan que nos arredores da praza de abastos non molestan. E tamén hai vendedores que están moi satisfeitos co lugar onde se atopan actualmente,e que auguran perdas económicas no caso de que o traslado sexa efectivo.

    Redacción Salnés