Viticultores das Rías Baixas valoran os datos electorais ao Consello Regulador

    CAMBADOS> Gran satisfacción na Asociación Agraria de Galicia ante os resultados acadados nas eleccións do Consello Regulador de Rías Baixas. Esta tarde terá lugar a lectura oficial de resultados na Consellería do Medio Rural, pero a espera de que se confirme a entidade é a que máis votos acadou neste proceso electoral. Francisco Bello, presidente da Asociación Agraria manifestou en rolda de prensa, este martes, a satisfacción da entidade ao resultar a opción máis votada no proceso electoral do que sairán os novos membros do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Bello afirmou que esperan traballar para mellorar o papel do viticultor dentro do Consello Regulador. O proceso electoral chegou a súa fin e por iso tamén se aproveitou a ocasión para defenderse das acusacións que se fixeron ao longo da campaña. Esta tarde tivo lugar na Consellería de Medio Rural a lectura dos datos oficiais, despois de que se tivese que repetir a votación na mesa de Meaño o pasado domingo. Un avance máis para coñecer finalmente quen conformará o equipo que dirixirá o Consello Regulador de Rías Baixas nos próximos anos.