Unha trintena de comercios participarán na feira de oportunidades de Noia

NOIA > Os vindeiros días 2, 3 e 4 de marzo, Noia acollerá a Segunda Edición da Feira de Oportunidades convocada pola Asociación de Actividades Empresarias na que participarán unha trintena de establecementos comerciais.

Este ano, os stands da feira de ocasión instalaranse nunha carpa situada no patio do Instituto Campo San Alberto, o que incrementou notablemente os custes para a organización do evento. A pesar do cambio de ubicación, motivado polas obras nun dos polideportivos da localidade, a Asociación de Actividades Empresariais de Noia, agarda contar novamente co apoio do público igualando e mesmo superando os resultados da primeira edición. O pasado ano pasaron pola feira de oportunidades máis de vinte mil persoas.

Os que se acheguen á Expo Liquidación este ano poderán atopar produtos das mellores marcas a prezos moito máis baixos dos que se atopan no comercio. O obxectivo dos establecementos é dar sáida á mercancía sobrante tralas rebaixas.

Como complemento á feira, os comerciantes organizarán diversos sorteos e promocións para agasallar ós seus compradores.

A feira abrirá as súas portas o venres día 2 ás cinco da tarde. Durante o sábado e o domingo permanecerá aberta en horario ininterrumpido de dez da mañá a dez da noite. Dous días e medio de oportunidades para os amantes das boas compras a prezo de saldo.

Redacción Barbanza