A Xunta investirá 242 mil euros na construción de sendas peonís en Boiro

    sendaspeonisboiro_100_270207.jpgBOIRO > Política Territorial asinou un convenio co concello de Boiro para a construción de sendas peonís na estrada AC-305 ó seu paso por Bealo e Cespón.

    As actuacións, que serán realizadas en breve, contan cun orzamento total de máis de 242 mil euros.

    O edil de Obras e Servizos de Boiro informou do inicio inmediato desta actuación, que está pendente única e exclusivamente de que a Consellería de Política Territorial saque a licitación o proxecto e se leve a cabo a adxudicación.

    A partida máis elevada, uns 214 mil euros corresponderá a construción dunha senda peonil nas beiras da estrada AC-305 entre os lugares de Ponte de Brea e Vilariño na parroquia de Cespón. A outra obra, presupostada nuns 130 mil euros, levarase a cabo entre Ponte Beluso e Ponte da Brea.

    As dúas actuacións son unha vella demanda dos veciños destas zonas que dende hai tempo viñan reclamando unha mellora nas marxes desta estrada que presenta un elevado volume de tráfico e pola que apenas hai espazo para o tránsito dos peóns, constituindo un serio risco para a seguridade viaria.

    Redacción Barbanza