Falece un veciño de RIanxo ó colisionar o coche no que viaxaba cun poste da luz

    RIANXO > Un veciño de Rianxo faleceu a consecuencia dun accidente de tráfico rexistrado nunha pista rural no lugar de Asadelos na parroquia rianxeira de Asados.

    accidenterianxo1_200_270207.jpgOs feitos aconteceron a mediodía do luns cando un vehículo se saíu da calzada ó seu paso por unha pista rural de Asadelos. O turismo, un Renault Mègane, con placas C-7765-BY, colisionou contra unha pedra e posteriormente impactou contra un poste do alumeado público.

    A conductora, M.A.P.F, de 49 anos, resultou ilesa pero o seu pai, José Benito Pérez Laíño, veciño de Burés, que viaxaba de acompañante faleceu no acto. Ó parecer non levaba posto o cinto de seguridade no momento do sinistro.

    accidenterianxo_200_270207.jpgAta o lugar do accidente desprazáronse varios axentes da Policía Local e da Garda Civil, así como tamén membros de Protección Civil e un equipo de atestados da Garda Civil de Tráfico. Á zona tamén acudiu unha ambulancia do 061 e unha médico do centro de saúde da localidade que certificou a morte de José Benito Pérez.

    Os veciños da zona amosáron a súa consternación polo acontecido, solicitándolle ó executivo a inmediata retirada da pedra que provocou o accidente, xa que en máis dunha ocasión foi causa de colisións, aínda que por fortuna non tiveron un desenlace tan tráxico.

    Redacción Barbanza