Deteñen un mozo por ameazar con colgar cunha soga á súa avoa

    sucesocea_100_270207.jpgVILAGARCÍA > Un mozo de Vilagarcía foi arrestado a pasada noite por un presunto delito de malos tratos físicos no ámbito familiar.

    O home, de 21 anos e veciño da parroquia de Cea, amordazou á súa avoa e amenazou con colgala cunha soga. Durante a súa detención, na que opuxo gran resistencia, a policia incautouse de unha machada e dous coitelos.

    D.V.P., de 21 anos e veciño da parroquia vilagarciana de Cea, protagonizou durante a noite de onte un episodio rocambolesco. Á última hora da tarde unha muller personábase na comisaría de Policia da cidade para poñer unha denuncia contra o seu propio fillo polos numerosos destrozos que ocasionara na casa durante a tarde. Mentres se atopaba nas dependencias policiais, a muller recibiu unha chamada de auxilio alertando de que o mozo tornárase moito máis agresivo e amenazaba con mata-la avoa que neses momentos se atopaba no domicilio familiar.

    Ameazas

    Ós poucos minutos personábanse en Cea catro dotacións da Policia Local e Nacional, así como unha ambulancia. O xoven estaba moi exaltado e mantiña unha actitude extremadamente violenta, que lle impedía entrar en razón. Ante esta posible situación de perigo para a integridade física da muller á que mantiña retida, os efectivos policiais entraron pola forza na vivenda para reducir ó mozo, que opuxo grande resistencia. A muller que permanecía retida, mostrouse completamente atemorizada pola actitude do seu neto e explicou que éste amenazábaa con colgala cunha soga. Segundo a súa declaración, o rapaz inxerira unha caixa de pastillas e grandes cantidades de café.

    Unha vez detido, foi trasladado ó Hospital do salnés para ser atendido do estado de extremo nerviosismo e violencia que presentaba, aínda que foi dado de alta ás poucas horas. Posteriormente foi trasladado ó calabozo da Comisaría á espera de pasar a disposición xudicial.

    Redacción Salnés.