Os sindicatos denuncian acoso laboral na Residencia Valleinclán

    VILAGARCIA> Varios traballadores da Residencia da Terceira Idade Valle Inclán de Vilanova poderían mobilizarse a partires da semana que ven…

    {flowplayer}images/salnes/cig_por_residencia.flv{/flowplayer} … para denunciar a situación de acoso e represión sindical á que están sometidos por parte da dirección da empresa. Denuncian que cada vez que intentan defender ós seus dereitos atópanse cun varapao feito a mala fe. Corte 1: Entre as medidas que indignaron ós tres sindicatos CIG, UXT e CCOO figuran o despedimento dun membro do comité de empresa logo de terlle aberto un expediente; o cambio de horario a algúns traballadores e rebaixas na súa cualificación e o non pagarlles o mes de maio ós que están afiliados. O que si defenden as forzas sindicais é que en ningún caso se está a mermar a calidade asistencial dos residentes. A versión que ofrece o Director da residencia a Canalriasbaixas é radicalmente oposta. Enrique Martínez Núñez asegura que desde que se puxo ó fronte da empresa o pasado mes de xaneiro non encontrou máis que trabas e ameazas por parte dos sindicatos. Asegura que liberou á empresa dunha situación límite na que os traballadores levaban meses sen cobrar. Para reflotar a empresa tivo que tomar decisións xustas e conforme ás leis das que non se arrepinte en ningún caso, e nas que sempre tivo presente o benestar dos propios residentes e dos traballadores que si teñen ganas de gañarse un soldo. Punto por punto, o director rebate tódolos argumentos dos traballadores comezando por asegurar que as ordes de cobro do salario do mes anterior son iguais para tódolos traballadores e están ordenadas ata o próximo luns. Asegura que algúns dos empregados lle ameazaron con quitarlle a empresa para facer unha cooperativa e mesmo que ten que aguantar frecuentemente que algunha traballadora lle falte ó respecto aludindo a súa orientación sexual. Pide, Martínez Núñez, que lle deixen seguir traballando para que os 157 residentes e 92 empregados poidan ter un bo presente e anima ós medios de comunicación á falar cuns 70 empregados que poden ratificar a súa versión; e tamén ós familiares dos internos que están encantados co trato que reciben os seus nesta residencia baixo esta nova xerencia. Redacción Salnés