Presentación da axenda 2015

    O Concello de Sanxenxo presentou esta mañá a axenda 2.015. Tratase da dotación das infraestructuras e equipamentos que lle permitan o concello mellorar o seu nivel de vida e situarse nas mellores condicións no ano 2.015 cando Galicia esté comunicada a través do AVE. A aprobación definitiva desta axenda deberá acordarse en pleno. O Concello de Sanxenxo presentou esta mañá a axenda 2.015. Tratase da dotación das infraestructuras e equipamentos que lle permitan o concello mellorar o seu nivel de vida e situarse nas mellores condicións no ano 2.015 cando Galicia esté comunicada a través do AVE. A aprobación definitiva desta axenda deberá acordarse en pleno. A axenda 2015 compoñerase de proxectos de obrigada execución pero tamén incluirá outros que non serán vinculantes e o seu desenvolvemento dependerá de quen esté gobernando. Para financiar os proxectos incluidos, que inicialmente son 55, se propoñerá a vía pública e a privada. A axenda basease en sete ambitos: actuacións na costa, equipamentos deportivos, culturais e educativos, institucionais e sanitarios, infraestructuras, parques e zonas verdes e servizos básicos. O orzamento para o cumprimento dos proxectos ascendería a 180 millóns de euros. A totalidade deste proxecto deberá aprobarse no pleno, cada partido con representación terá dereito a incluir tres proxectos non vinculantes e que se levaran a cabo no caso de que quen os propoña chegue a gobernar. Os proxectos máis destacables son a recuperación costeira sobre todo o litoral da ría de Arousa, o pavillón deportivo polivalente, o colexio público no revel en Vilalonga, o novo mercado de abastos en Sanxenxo, o metro lixeiro para comunicar Portonovo con Sanxenxo e a implantación dun sistema terciario en depuradoras.