Sorteo de produtos ‘da praza’ polo Día da Nai para fomentar as vendas no Mercado de Vilagacía

VILAGARCÍA> A Praza de Abastos de Vilagarcía continúa impulsando novas iniciativas, logo da renovación do colectivo de comerciantes. Hoxe presentaron a campaña do Día da Nai. Por cada compra superior a dez euros, os clientes do mercado entrarán no sorteo de varios premios: unha cea para seis persoas, unha torta ou un ramo de flores. Premios, por certo, que podemos atopar na propia praza.

A Asociación de Comerciantes da praza de Abastos de Vilagarcía quere atraer á veciñanza ás súas instalacións. Para iso, logo da renovación da súa directiva está poñendo en marcha novas campañas que fomenten as vendas no Mercado. Hoxe presentaron a campaña do Día da Nai. Unha iniciativa que estará en marcha todo este mes de abril que pon en xogo tres premios.

A campaña inclúe premios que podemos atopar dentro dos establecementos da praza. Unha forma de dar a coñecer todo o que ofrece a praza ao tempo que se fomentan as vendas.

Esta campaña é a terceira que impulsan dende o colectivo trala súa renovación. Unha promoción que conta co apoio do Concello de Vilagarcía. Esta mañá o concelleiro de Promoción Económica avanzaba novas medidas para seguir apostando polo Mercado.

Ademais, tamén está prevista a reforma da rúa que discorre entre o Mercado e o Río do Con, con fondos europeos. A idea de Ravella é crear un carril de circulación de formigón, deixando o resto da zona de lousas. Unha medida, explican, polas continúas reparacións que esixe este tipo de pavimento pola continúa circulación por alí de vehículos pesados que sirven á praza.