O concello de Pontevedra pedirá o peche de Elnosa en outubro

    loreselnosa100_280207__still_001.jpgPONTEVEDRA > Elnosa non quere oír falar de traslado e o Concello pedirá o peche da planta antes de que acabe o ano.

    Así o sinalou o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, tras máis dunha hora de reunión con algúns altos cargos da empresa QUF, antiga Quimigal. Elnosa ampara a súa postura nunha adaptación tecnolóxica que ten o seu horizonte no 2011. Mentres, o concello asegura que a lexislación actual non fai posible a permanencia da empresa na ría máis alá de outubro, xa que non cumpre os requisitos nin urbanísticos nin medio ambientais. Lores expresou tamén a vontade do goberno de colaborar con Elnosa se esta empresa considerase o cambio de ubicación da planta pero os responsables desta non queren oir falra de traslado. Ante esta postura o goberno de Lores utilizaró todolos medios legais o seu alcance para conseguilo seu peche. 

    Redacción Salnés