Os alumnos do Galaxia achegánse ó autoemprego a través do viveiro de empresas

    RIBEIRA> A cámara de comercio de Santiago promove o emprendemento a través dun ciclo de charlas nos centros educativos de Ribeira. Este xoves eran os estudantes de Bacharelato do Colexio Galaxia os que se achegaban as experiencias dos emprendedores a través dunha visita ó viveiro de empresas. Que mellor maneira de coñecer as vantaxes e desvantaxes de crear a túa propia empresa que que da man dun emprendedor. Así o fixeron os estudantes do colexio Galaxia que visitaron o viveiro de empresas de Ribeira no marco dun programa promovido pola cámara de comercio de Santiago. Silvia Rodríguez, responsable da empresa Nórtica Consultores, foi a encargada de contarlle-la súa propia experiencia dende que hai un ano iniciou esta aventura. Aínda que non sempre é un camiño doado, dende a cámara de comercio apostan polo autoemprego. De aí, a organización deste ciclo de charlas e visitas co obxectivo de dinamizar o viveiro comarcal que naceu con moi bo pé. Na actualidade, xa conta con cinco empresas nacidas ó abeiro desta infraestrutura.