‘Vaca Films’ busca no Barbanza á protagonista da súa próxima película

    castingvacafilms_100_280207.jpgRIBEIRA > Gran expectación levantou o  casting que a produtora Vaca Films desenvolveu en Ribeira para atopar á protagonista da súa película ‘O Tesouro’.

    Ás portas da Casa do Mar de Ribeira concentráronse ó redor dun centenar de rapazas que acudiron á convocatoria realizada pola produtora Vaca Films. Con emoción e nervios agardaban a entrada na sala para realiza-la proba. Moitas delas era a primeira vez que acudían a un casting. Aínda así non perdían a esperanza de poder chegar a ser unha estrela de cine.

    O proceso de casting iniciouse xa hai máis de catro meses e prolongarase ata finais do vindeiro mes de marzo. Neste caso a produtora busca unha rapaza para un dos papeis protagonistas da súa película ‘O Tesouro’ que estará dirixida por Manuel Martín Cuenca.

    A película, que conta co apoio da Consellería de Cultura e a participación da Televisión de Galicia, será unha historia moderna de aventuras, inspirada libremente no clásico da literatura xuvenil ‘A Illa do Tesouro’. Estará realizada en castelán e a rodaxe comezará a desenvolverse a principios de do mes de maio na provincia da Coruña, principalmente na zona das Rías Altas.

    Redacción Barbanza