Ós clientes do mercado da Pobra poden saírlle gratis as Ceas de Nadal

A POBRA> A Pobra repartirá 2400 euros na campaña ‘Consigue Caramiñas, Comparte Nadal’ Seis serán os afortunados que poderán sufragar o importe das súas ceas de Noiteboa e Fin de Ano mercando na praza de abastos da localidade.

O concello da Pobra potenciará as compras no comercio local durante este Nadal coa camapa ‘Consigue Caramiñas, Comparte Nadal’. Dende este luns, os clientes de praza de abastos da localidade recibirán un boleto por cada dez euros de compra para entrar en dous sorteos que pretenden financiar o importe das ceas de Noiteboa e de Finde Ano.

O primeiro dos sorteos será o 15 de decembro e o segundo o 21. Cada un outorgará tres premios de 600, 400 e 200 caramiñas, consistentes en vales de compra por ese valor en euros a consumir no mercado.

Trátase da primeira das accións que a concellería de Promoción Económica desenvolverá na súa campaña de Nadal. A concelleira destacou ademais a decoración que xa loce a praza de abastos da localidade elaborada por usuarios do centro de día, das amas de casa e do programa socioeducativo Anímate.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí