O consorcio de turismo esperta o interese dun cento de empresarios

    charlaaetan_100_280207.jpgBARBANZA > Arousa Norte realizou un balance moi positivo da campaña de captación de empresarios turísticos levada a cabo nos distintos concellos.

    A Mancomunidade e a Asociación de Empresarios Turísticos de Arousa Norte (AETAN) xa iniciaran a súa campaña de captación de socios hai dous meses, cunha charlas informativas a nivel comarcal ás que tamén asistiu o director Xeral de Turismo, Rubén Lois.

    Ó longo deste mes de febreiro, se desenvolveron outros encontros nos catro concellos do Barbanza, cuns resultados bastante positivos. Nun primeiro momento, a Mancomunidade fixouse o reto de establecer unha cota mensual de 10 euros para tódolos empresarios turísticos que decidiran formar parte do consorcio. Sen embargo, a afluencia de interesados non foi tan alta como se agardaba o que propiciou un cambio de estratexia da cantidade á calidade. Pasouse entón a valorar positivamente a dimensión, o volume de negocio e os intereses de cada empresa.

    Na actualidade, preto dun cento de empresarios xa manifstaron a súa vontade de implicarse na constitución do consorcio o que suporía unha cota media de 20 euros mensuais. Sen embargo, nas vindeiras xuntanzas determinarase a contía a pagar por cada un dos empresarios de xeito proporcional, á magnitude do seu negocio.

    Ademais da promoción de Arousa Norte como destino turístico, as empresas integrantes do consorcio, gozarán de importantes vantaxes tanto no eido formativo como na realización de accións turísticas concretas.

    A oferta vai dirixida a empresarios do ámbito de hostelería e restauración, aloxamentos e ocio activo. Os que desexen obter máis información poden facelo no teléfono 981 845 236 ou nas oficinas de Arousa Norte, situadas no segundo andar do concello de Boiro.

    Redacción Barbanza