A Deputación asume a mellora da cuberta da piscina de Muros

    MUROS> O executivo muradán vén de adxudicar as obras de mellora da cuberta da piscina municipal por un importe que se achega ós 90 mil euros. A actuación, que será asumida na súa totalidade pola Deputación da Coruña, podería iniciarse xa a finais deste mes de febreiro ou a principios de marzo. As goteiras e as filtracións de auga que se producen dende hai algún tempo na cuberta da piscina municipal teñen os días contados. O concello xa adxudicou as obras de mellora desta instalación por valor duns 90 mil euros que será aportados integramente pola Deputación da Coruña. A alcaldesa, Caridad González, confía en que os traballos sexán acometidos coa máxima celeridade posible, xa que se trata dun servizo cunha elevada demanda no municipio, o ser numerosos os ususarios que acoden diariamente á instalación. Dende o concello está previsto reunirse cos responsables da adxudicataria para que se estude a posibilidade de facer as obras sen que estas interrompan a actividade normal da piscina.