O concello de Boiro intensificará a vixilancia para evitar liortas na movida

    discotecatonos_100_280207.jpgBOIRO > Os altercados que se produciron nas últimas fins de semana nas noites de movida en Boiro están a causar unha certa alarma social neste municipio.

    O concello consciente do problema que se pode xenerar vai tomar cartas no asunto. O primeiro paso será localizar ós posibles autores das liortas, na maioría dos casos menores.

    A pasada semana o porteiro da discoteca Tonos foi acoitelado e neste mesmo establecemento hostaleiro este pasado domingo rexistrouse un novo altercado, unha pelexa que rematou con varias persoas feridas.

    Para que estes conatos de violencia non vaian a máis o executivo boirés ten previsto intensifica-la vixilancia nas zonas da movida, mediante axentes da propia Policía Local como tamén por efectivos da Garda Civil.

    Aínda así o rexedor boirés restoulle importancia ós mesmos, ó considerar que se tratan de feitos puntuais. Xosé Deira informou que boa parte dos autores destas liortas son menores e que están controlados dende hai tempo. 

    O concello boirés ten previsto levar a cabo con eles unha atención especializada. O primeiro paso será poñerse en contacto con eles e coas súas familias.

    Redacción Barbanza