BARBANZA> Os nacionalistas consideran que cos cambios introducidos nas bases, o reparto de fondos beneficiará ás tres principais cidades da provincia: Coruña, Ferrol e Santiago, en detrimento dos municipios máis pequenos. Membros do BNG comarcal criticaron o reparto dos fondos do Plan DTC da Deputación da Coruña, ó considerar que favorece ás tres grandes cidades da provincia: Coruña, Ferrol e Santiago, en detrimento dos concellos máis pequenos. Segundo os nacionalistas, que xa presentaron no propio pleno da Deputación varias alegacións ó respecto, e que foron desestimadas polo organismo provincial, os cambios introducidos nas bases de reparto non responde agora a criterios obxectivos baseados na Lei de Réxime Local. Os nacionalistas van máis alá, e piden un reparto máis xusto. Consideran que os criterios agora establecidos para o reparto dos fondos DTC van en contra das propias funcións do ente provincial, que non é outra que axudar a aqueles concellos máis pequenos, xa que as grandes cidades teñen maiores posibilidades á hora de acceder a fondos públicos. Ante esta situación, os nacionalistas presentarán en tódolos concellos da comarca unha moción solicitando o apoio de tódalas corporación e instar así á Deputación a un cambio no reparto dos fondos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/04/bngbarbanzaplandtcdeputacion040214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/04/bngbarbanzaplandtcdeputacion040214.mp4{/flowplayer}
Inicio Barbanza - Muros - Noia