Fernández Lores anuncia un programa electoral ‘crible e executable’

    miguelfdezlores100_050307.jpgPONTEVEDRA > O BNG presentará o día 16 o seu programa electoral. O alcalde e candidato á reelección …

    … adianta que será un proxecto crible e executable. Miguel Anxo Fernández Lores presentou este sábado a súa lista.

    Un grupo compacto, que une a experiencia dos actuais edís con novas incorporacións. Así define o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores a candidatura coa que buscará seguir gobernando en Pontevedra. O actual alcalde e cabeza de lista leva consigo a tódolos concelleiros actuais, agás Xosé Lois Veiga, nos dez primeiros postos. Lores xustificou a ausencia desta lista de Xosé Lois Veiga por motivos persoais e negou que esta decisión tivese que ver con conflicto xerado polo convenio colectivo do persoal municipal.

    Nos dez primeiros a novidade é Lola Dopico Aneiros, vice decana da facultade de Belas Artes e Directora da Escola Universitaria de Deseño téxtil e moda. Para Lores Dopico será clave na relación aberta coa universidade dentro do modelo de cidade que traballa o BNG.

    O actual alcalde defendeu o traballo realizado nos últimos oito anos arredor dun modelo de cidade que considera que garantiza o futuro de Pontevedra. Informou que o día 16 presentará no centro social de Caixanova os eixes básicos do seu programa para os vindeiros catro anos e afirmou que o seu será un proxecto crible e executable.

    Redacción Salnés