Cerqueiras ultima os trámites para o seu desembarco en Rianxo

RIANXO> O concello de Rianxo ultima os trámites para a concesión da licenza urbanística á conserveira Cequeiras que se implantará proximamente no parque empresarial de Té. A empresa creará inicialmente un cento de novos postos de traballo na localidade.

A intención do concello rianxeiro é axilizar ó máximo os trámites para outorgar a licenza a Cerqueiras que lle permita iniciar as obras da súa nova fábrica no parque empresarial de Té.

Na actualidade, a empresa iniciou xa o balado da parcela que conta cunha superficie de … e xa solicitou os permisos para acometer a explanada polo que unha vez obteñan a licenza poderán comezar cos obras de construción.

Esta gran empresa, que se converterá na principal do polígono de Té tanto en volume de produción como de emprego, non é a única que ten previsto instalarse no parque rianxeiro proximamente. O concello ten sobre a mesa varia ssolicitudes e nos últimos meses xa se formalizaron varias operacións de compra de parcelas; datos que chaman ó optimismo no que respecta ó desenvolvemento empresarial de Rianxo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí