O PSOE de Noia preséntase como a mellor alternativa de goberno

NOIA> O coliseo Noela acollía na noite de onte a posta de longo de Fran Pérez coma o candidato do Partido Socialista e tamén do equipo que o acompañará no reto de acadar a alcaldía de Noia para os sociaistas.

Ademais de numerosos simpatizantes e militantes do partido do puño e da rosa a nivel local e comarcal, no acto contou coa presenza do secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso.

Na súa intervención Formoso destacou a valía do candidato ó que sinalou como a mellor garantía para que Noia recupere de novo o seu protagonismo.

Na súa intervención Fran Pérez incidiu na necesidade dun cambio de rumbo na política municipal, que segundo el, só viría da man do partido socialista, a única alternativa seria de goberno.

No acto Pérez contou tamén co arroupo de destacados membros do partido como é o caso da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o rexedor de Ames, Blas García, e o secretario xeral dos socialistas na Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí