Cambados ten previsto inaugurar en 2009 o novo cuartel da Garda Civil

    corestouris_100_050307.jpgCAMBADOS > O alcalde, José Manuel Cores Tourís, saíu ó paso das declaracións de Santiago Tabuyo nas que segundo o rexedor local…

    …o socialista tenta apuntarse o tanto da construcción do novo cuartel da Garda Civil. Segundo asegurou o alcalde, as xestións para estas obras levan anos forxándose nos despachos e é unicamente agora que finalmente o ministerio da luz verde ó inicio de redacción do proxecto cando Tabuyo se interesa por él.pazotorrado_200_050307.jpg

    O alcalde de Cambados, José Manuel Cortes Tourís afirma estar sorprendido polas recentes declaracións de Domingo Tabuyo, sobre a construcción dun novo cuartel da Garda Civil. Cores Tourís considera que as declaracións de Tabuyo sobre a reunión que mantivo co responsable de Infraestructuras da Garda Civil, non son máis que un intento de ‘apuntarse un tanto que non é seu’ xa que o propio concello leva anos xestionando a ubicación e construcción do novo cuartel.

    O rexedor cambadés recomendoulle ó socialista que cambie a súa forma de facer política, pensando en Cambados. O concello deberá iniciar nos vindeiros días a redacción do proxecto para iniciar as obras neste mesmo 2007. A previsión é que o novo cuartel, ubicado na mesma parcela que o actual estea rematado a finais de 2008 ou principios do 2008.

    Pazo Torrado

    O alcalde tamén fixo referencia ás obras que se están a levar a cabo no Pazo de Torrado, onde está previsto instalar unha zona de xogos para os mais pequenos, unha de esparcemento para os maiores da vila, e amplas zonas verdes. Nesta actuación está incluída a apertura dun vila entre a rúa principal e a avenida de Madrid. En total, o investimento previsto ronda os 200 mil euros.

    Redacción Salnés