Nova reunión sobre o Plan Parcial de Barraña

    BOIRO > O departamento de Urbanismo de Boiro celebrou un novo encontro cos veciños de Barraña para dar a coñecer o plan parcial que se pretende desenvolver nesta zona. Ademais dos representantes do executivo, acudiron á reunión un técnico redactor do proxecto e un arquitecto para contribuír a aclarar as principais dúbidas dos veciños.

    O Plan Parcial de Barraña segue a xerar certa desconfianza entre os propietarios afectados que non acaban de entender o sistema proposto polo executivo para a urbanización desta zona. Precisamente para combatir ese descoñecemento e falla de información, a concellería de Urbanismo organizou un novo encontro cos veciños co obxectivo de dar a coñecer as principais liñas do plan. Os encargados desta tarefa foron o propio edil de Urbanismo, Xoán León, o técnico da empresa redactora do proxecto Iceasa, Manuel Borobio, e o arquitecto Amancio Losada.

    A expectación xerada en torno a este proxecto púxose de manifesto na gran cantidade de público asistente que quería coñecer de primeira man as vantaxes e inconvintes da aplicación deste plan que afectará  a unha superficie total de 140.800 metros cadrados, comprendidos entre a Avenida da Constitución e a liña de costa.

    O proxecto contempla a construción de 1.127 vivendas, das cales 228 serán de protección oficial, con predominio das zonas verdes e instalacións de uso público.

    Os representantes municipais e os técnicos explicaron ós veciños a idoneidade deste proxecto xa que presenta unha edificabilidade inmellorable, do cen por cen.

    Así mesmo, explicaron que os custos da urbanización serán asumidos polos propios afectados xa que así o determina a lei posto que as súas propiedades veranse revalorizadas co desenvolvemento do plan.

    Redacción Barbanza