A Marea de Noia demanda a construción dun centro de día

NOIA> Dende a formación entenden que a localidade precisa deste servizo, polo que levan agardando dende hai anos. E mesmo sinalan como poderían obterse os fondos necesarios para acometela obra. Segundo eles con cargo ó Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.

Segundo a Marea, Noia cumpre tódolos requisitos solicitados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, acordado pola Federación Española de Municipios e Provincias e pola Xunta de Galicia, dotado con dezaoito millóns e medio de euros procedentes de fondos europeos, no que se dá preferencia a aqueles concellos con menos de vinte mil habitantes, para dotalos de residencias, centros de día, vivendas comunitarias ou centros sociais.

Dende a Marea consideran que Noia precisa deste servizo, polo que levan agardando dende hai moitos anos.

Para a Marea a conciliación é un tema fundamental á hora de deseñar o modelo de vila que se quere para o futuro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí